Vigo inicia unha campaña de limpeza e reciclaxe en 43 colexios
O alcalde participou este martes na presentación desta iniciativa, no CEIP Balaídos, promovida por FCC e Contenur. De abril a xuño, máis de 3.500 escolares de Primaria tomarán parte nesta proposta, con Dinoseto como responsable de ensinar aos pequenos a importancia de reciclar e manter limpa a cidade.
O alcalde de Vigo asistiu este martes á presentación desta nova campaña que procura concienciar aos máis pequenos da importancia da reciclaxe e de manter limpa a cidade. Abel Caballero subliñou que "a reciclaxe en Vigo vai moi ben e é unha cultura asumida pola cidade".
Máis de 3.500 escolares de educación primaria de 43 colexios de Vigo participan durante os meses de abril, maio e xuño na campaña posta en marcha por FCC, empresa adxudicataria dos servizos de recollida de residuos, limpeza urbana e limpeza de praias da cidade de Vigo, e Contenur, empresa responsable do mantemento e limpeza dos colectores da cidade. Esta iniciativa ten por obxectivo ensinar aos máis pequenos a importancia de reciclar e manter limpa a cidade.
Dinoseto será o responsable, a través dunhas unidades didácticas e dunha unidade móbil, de mostrarlle aos nenos de segundo, terceiro e cuarto de primaria, as principais claves da reciclaxe e a limpeza.
En palabras de Guillermo de Cal, delegado de FCC en Vigo, "queremos iniciar ás nenas e nenos na responsabilidade do coidado e da limpeza da cidade dunha forma divertida e didáctica. Con esta campaña esperamos que os rapaces se conciencien cada vez máis da importancia da correcta separación dos distintos residuos e materiais para a conservación e protección do medio ambiente".
A campaña conta cunha unidade móbil, con Dinoseto como protagonista, que viaxa polas mañás aos centros de ensino. Unha vez no colexio, persoal da campaña explica a importancia da reciclaxe nos colectores correspondentes (amarelo, azul, verde, pillas e lixo orgánico) e da consellos para manter limpa a cidade tales como non tirar desperdicios na vía pública, empregar as papeleiras públicas ou depositar a bolsa de lixo sempre no interior dos colectores, entre outros.
Nesta unidade móbil, os rapaces practican a través dun xogo o aprendido anteriormente. Dinoseto, como responsable da campaña "que funciona" está presente en toda a imaxe da mesma e nas unidades didácticas entregadas anima aos nenos "a ser heroes da reciclaxe e da limpeza".
Descargar todas as imaxes