venres, 13 mai 2016
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación da execución do segundo programa de medianeiras que decorará 14 espazos da cidade e tamén deu o visto bo á segunda quenda do "Vigo Emprega 2016", que dedicará 752.000 euros á contratación de 113 traballadores, e ao plan de emprego de mozos dotado con 100.000 euros para que as empresas contraten á mocidade viguesa. Ademais o Concello aproba a contratación do servizo das piscinas municipais durante un ano.
venres, 13 mai 2016
Unha delegación desta urbe chinesa, de nove millóns de habitantes, liderada polo seu rexedor visitou este venres o Concello e foron recibidos polo alcalde vigués. Caballero avanzou que, a solicitude destes, se inician os trámites para irmandar ambas cidades, que comparten peso pesqueiro, portuario e no sector da automoción.
venres, 13 mai 2016
O Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego, convoca as axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñas, social, sindical, as comunidades de montes, as entidades empresariais e as deportivas, constituídas legalmente como tales, para o fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, dende o 01 de xaneiro ao 30 de setembro de 2016.
venres, 13 mai 2016
A concelleria de Política Social ven de aprobar o programa "lecer no veran para persoas con discapacidade" no que poderan participar as persoas a partir dos seis anos de idade.<br />
<br />
<br />
venres, 13 mai 2016
Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte. O lema deste ano é ‘Museos e paisaxes culturais’, que salienta a idea dos museos como centros territoriais de protección activa da paisaxe cultural.Por este motivo, a Concellería de Cultura organiza un programa especial dentro da Rede de Museos Municipais que terá lugar os días 14, 15 e 18 de maio.