martes, 10 maio 2016

Os vigueses aforrarán 600.000 euros coa baixada do IBI urbano que xa aplicou o Concello

martes, 10 mai 2016

Ao abeiro da Lei do Catastro Inmobiliario os Concellos deben tramitar a baixada do IBI urbano ao solo urbanizable sen ordenación detallada para ser incluído no padrón do IBI de natureza rústica. Vigo xa comunicou a Facenda a primeiros de ano este cambio que afecta a máis de 5.000 parcelas que deberán aboar o tipo impositivo mínimo vixente na cidade que é do 0,3% e supoñerá un aforro de 600.000 euros.

Vigo inicia unha campaña de limpeza e reciclaxe en 43 colexios

martes, 10 mai 2016

O alcalde participou este martes na presentación desta iniciativa, no CEIP Balaídos, promovida por FCC e Contenur. De abril a xuño, máis de 3.500 escolares de Primaria tomarán parte nesta proposta, con Dinoseto como responsable de ensinar aos pequenos a importancia de reciclar e manter limpa a cidade.

O alcalde reclama que "Europa se abra aos refuxiados"

martes, 10 mai 2016

Abel Caballero asistiu este martes á celebración do Día de Europa organizada pola Axencia Europea de Pesca en Vigo e referiuse ao "soño" que supuxo a entrada en Europa para a cidadanía española e á relevancia da pertenza á Unión Europa para a economía viguesa, especialmente simbolizada no ámbito pesqueiro e na cooperación coa Axencia instalada na cidade. Ademais, o rexedor vigués instou á Unión Europea a que "se abra aos refuxiados que reclaman acubillo e auxilio" para seguir cumprindo a súa obriga no ámbito social. <br />