O alcalde encarga á Vigo Convention Bureau a campaña Cíes Patrimonio da Humanidade
Abel Caballero presidiu este luns a reunión do padroado da Vigo Convention Bureau, onde transmitiu que será esta Fundación -mentres non se defina unha "fórmula concreta"- a que pilote a tramitación para que as Illas Cíes opten a ser declaradas Patrimonio da Humanidade. O rexedor confiou en que este proceso "comece inmediatamente despois do verán".