Escoitar

O Concello destina 1,8 millóns a sufragar 5.000 bolsas de comedor sen lista de espera

Goberno local e Foanpas revalidaron esta mañá un convenio de colaboración de 606.039,31 euros para bolsas de comedor, actividades extraescolares e a aula matinal. En total, o Concello financia 5.000 bolsas de comedor cun importe de 1,8 millóns de euros, sen que exista lista de agarda.

martes, 10 mai 2016
1462886059foanpas.jpg
Abel Caballero revalidou esta mañá o acordo coa Federación olívica de Asociación de Nais e Pais de alumnos de Vigo polo que o Concello destina 606.039,31 euros aos centros educativos públicos da cidade. Ademais de financiar a totalidade do comedor para os bolseiros de Benestar Social, esta achega permite baixar o prezo do menú ao resto de comensais de todos os centros públicos. Este convenio de colaboración asinado esta mañá de martes tamén ten por obxectivo sufragar as actividades escolares e a aula matinal, así como xornadas educativas e o mantemento e funcionamento da propia asociación.

Tal e como detallou o rexedor en rolda de prensa, o Concello destina 1,8 millóns de euros a bolsas de comedor -dos que 1,2 proceden da partida de Benestar Social, e que benefician 5.000 alumnos, sen que haxa lista de espera.
Descargar todas as imaxes