Escoitar

Caballero amosa a súa "satisfacción" pola incorporación da ruta Vigo-Lisboa baixo as regras de mercado

O rexedor amosou a súa "satisfacción" co inicio do voo Vigo-Lisboa durante a presentación desta nova ruta diante do tecido empresarial da cidade. Acompañado por responsables da compañía aérea portuguesa, explicou que esta incorporación chega nun momento no que a terminal viguesa experimenta taxas de crecemento dun 40%.

xoves, 12 mai 2016
1463056257TAP.jpg
O alcalde transmitiu hoxe xoves a súa "satisfacción" co inicio do voo da TAP que conectará Vigo con Lisboa a partir do próximo 1 de xullo, sobre todo, porque esta incorporación se produce "baixo as regras do mercado". Logo de transmitir o seu recoñecemento aos responsables da aeroliña portuguesa, Caballero avanzou a vontade do Concello de cooperar coa cunha conexión "que ten moito interese para Vigo e para a súa economía". Esta nova chega, engadiu, nun momento no se traballa na posible incorporación dalgunha liña adicional e no que a recuperación do aeroporto "xa é unha realidade", con taxas de crecemento dun 40%. Segundo explicou, Vigo ten gran demanda de transporte aéreo, con niveis de ocupación que superan o 70, o 80 ou o 90%. De feito, dixo na presentación desta nova ruta diante do tecido empresarial vigués, nos mes de xullo e agosto, desde Peinador sairá un avión cada media hora, o que demostra o bo estado de saúde da terminal viguesa.
Descargar todas as imaxes