Escoitar

O rexedor eloxia os mercados como espazo de proximidade e calidade para os vigueses

Os sete mercados de Vigo súmanse por segundo ano consecutivo á campaña internacional "Love your local market" que se desenvolve na segunda quincena de maio co fin de promover os produtos locais a través de diferentes actividades.

mércores, 11 mai 2016
1462971639progreso.JPG
Abel Caballero presentou este mércores no mercado do Progreso a campaña internacional "Love your local market" que se desenvolve na segunda quincena de maio e na que participan, por segundo ano consecutivo, as prazas de abastos viguesas, xunto con outras 3.000 de 15 países de todo o mundo.

O obxectivo da campaña é promover o desenvolvemento local e o mercado de proximidade amais das calidades naturais, saudables e ecolóxicas dos seus produtos. Con ese fin, desenvolverán visitas guiadas, talleres para escolares, degustacións e exhibicións de cociña nas sete prazas da cidade: Cabral, O Calvario, As Travesas, O Progreso, Teis O Berbés e Bouzas e os vendedores lucirán nos seus mandís a figura dun corazón co lema "Ama o teu mercado", común a todas as prazas da acción promocional.

No acto, o rexedor vigués amosou o apoio do Concello aos mercados da cidade para que sigan ocupando o seu lugar "polo bo produto e a proximidade que ofrecen" á cidadanía e felicitou aos profesionais e vendedores que traballan cada día a prol da cultura comercial de Vigo.
Descargar todas as imaxes