Escoitar

Vigo e a chinesa Qingdao inician o seu irmandamento unidos pola pesca e a automoción

Unha delegación desta urbe chinesa, de nove millóns de habitantes, liderada polo seu rexedor visitou este venres o Concello e foron recibidos polo alcalde vigués. Caballero avanzou que, a solicitude destes, se inician os trámites para irmandar ambas cidades, que comparten peso pesqueiro, portuario e no sector da automoción.

venres, 13 mai 2016
1463144792qingdao.JPG
Vigo e Qingdao comezarán os trámites para irmandarse, despois dunha visita este venres do alcalde da urbe chinesa ao seu homólogo vigués no Concello. Abel Caballero explicou que ambos territorios comparten un importante peso pesqueiro, tráfico de cruceiros e tamén industria da automoción, polo que a relación pode conlevar "beneficios mutuos".

O alcalde de Vigo argumentou que, ademais das "similitudes" existentes e á marxe do tamaño das cidades, a delegación chinesa demostrou un "gran interese" na tecnoloxía de pesca e na investigación marítimo-pesqueira desta cidade. Caballero estimou que o irmandamento podería certificarse en setembro ou outubro deste mesmo ano.
Descargar todas as imaxes