Escoitar

Obradoiros Concellería de Xuventude

venres, 13 mai 2016
Convoca: Concellería de Xuventude
Requisitos: Mozos e mozas de ata 35 anos de idade e empadroados en Vigo.
Contido:
1.- Informática para traballar I: Ferramentas Google e Outlook: Do 23 ao 26 maio ( 18:00-20:30 h)
2.- Iniciación á mecanografía: nocións básicas:  Do 23 ao 26 maio (17:00-18:00 h)
3.- Alfabetización dixital: 30, 31 maio (17:00-18:00 h)
4.- Primeiros Auxilios: 27 maio (16.30-20.30 h)
5.- Iniciación ás hortas ecolóxicas: 20 e 27 maio (16.30-18.30 h)

CHARLAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

Convoca: Concellería de Xuventude
Requisitos: Mozos e mozas de ata 35 anos de idade e empadroados en Vigo.
- Crear e xestionar Asociacións Xuvenís: 18 e 19 maio 17:00-20:00 h

Inscricións e máis información: www.xuventudevigo.org. E no 986/294806.

CURSO GRATUITO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

Obxectivo: Curso de formación en temas sanitarios de manipulación hixiénica de alimentos. Homologado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Contido: Enfermidades transmitidas polos alimentos. Perigos alimentarios. A persoa manipuladora de alimentos. Hixiene de instalacións. Equipos e procesos. Limpeza e desinfección. Desinfección e desratización. Seguridade alimentaria. Lexislación alimentaria. Etiquetado.

Ao remate do curso realizarase unha proba de avaliación e entregarase o certificado correspondente.
Destinado a: Mozos e mozas ata os 35 anos de idade, empadroados/as no Municipio de Vigo.
Datas e horario: +27 de maio, de 10 a 13hs na Casa da Xuventude. Inscrición presencial a partir do día 18 de maio, ás 10hs, na Casa da Xuventude (López Mora 31). Inscrición por rigoroso orde de chegada.

Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo e cubrir a ficha de inscrición. ( A ficha pódese descargar na web xuventudevigo.org ou cubrila no momento da inscrición presencial)

Máis información:
Casa da Xuventude: rúa López Mora nº 31. 36211 Vigo. 986 294 806 . www.xuventudevigo.org