Escoitar

O Concello adicará medio millón de euros á II fase da humanización de Gregorio Espino

O goberno local aprobou o proxecto para humanizar a II fase de Gregorio Espino cun importe de case 500.000 euros e un prazo de execución de catro meses. Na mesma Xunta de Goberno, tamén se deu conta da clasificación de ofertas para a contratación do servizo de atención domiciliaria á infancia, dotado de 316.396,86 euros.

venres, 27 mai 2016
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao proxecto de humanización da segunda fase da rúa Gregorio Espino -entre Travesía Pino e San Roque- cun orzamento de licitación de preto de medio millón de euros. Cun prazo de execución de catro meses, os traballos incluirán renovación de redes e alumeado, pavimentación de beirarrúas con granito, instalación de novo mobiliario urbano e xardineiras.

O alcalde tamén deu conta esta mañá da clasificación de ofertas para a contratación do servizo de atención domiciliaria á infancia cun importe de 316.396,86 euros por dous anos, prorrogables outros dous. No ano 2015, atendeuse a través deste programa a 103 menores de 71 familias, nun total de 3.700 servizos.

Outro dos asuntos aprobados esta mañá de vernes foi a convocatoria das subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro, que se adxudican en rexime de concurrencia competitiva. Trátase, explicou o rexedor, de apoiar proxectos que teñan como destinatarios familia ou infancia, maiores ou discapacitados, inmigrantes, emigrantes ou minorías étnicas, así como persoas marxinadas, entre outros colectivos.