Escoitar

Subvencións para a realización de programas de promoción das mulleres no ano 2016

venres, 27 mai 2016
Apertura do prazo de presentación de solicitudes de subvención dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de promoción das mulleres no ano 2016.

O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados dende o día seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, comunicado dende a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións. O extracto desta convocatoria publicouse no BOP o día 23 de maio de 2016, polo que, o prazo para presentar a solicitude no Rexistro Xeral comeza o 24 de maio e remata o 13 de xuño de 2016.

As Bases reguladoras e os modelos normalizados pódense solicitar na Oficina de Información do Concello ou descargar da sección convocatorias a través da páxina web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org ou da paxina web municipal www.vigo.org.