mércores, 5 nov 2014
Sesenta establecementos hostaleiros de toda a cidade formarán parte da primeira edición do concurso de tapas O Petisquiño, organizado entre o 6 e o 23 de novembro pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelaría en colaboración co Concello. Durante a presentación, o rexedor felicitou aos promotores e participantes e animou a todo Vigo a percorrer os distintos locais para "comprobar o que somos capaces de facer".
venres, 31 out 2014
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres adxudicou provisionalmente o contrato de promoción turística de Vigo á compañía, segundo expuxo o alcalde, ao presentar a mellor oferta, cunha baixa de case 600.000 euros sobre o prezo de licitación e o compromiso de abrir oito rutas: Gran Canaria, Sevilla, Málaga e Londres no 2015, aos que se sumarán Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma en 2016. No 2017 manteranse os oito destinos, segundo o contrato. "O aeroporto de Vigo comeza a abrir o seu horizonte", salientou Caballero.
martes, 14 out 2014
Caballero deu conta hoxe martes da batería de propostas diseñadas polo Concello para potenciar o comercio local durante a segunda visita do Oasis of the Seas á cidade. Tal e como explicou en rolda de prensa, tamén se reforzará a información e o bus turístico.
luns, 6 out 2014
Caballero avanzou esta mañá a vontade do goberno de consensuar con todos os axentes implicados a ordenanza de comercio da que xa está elaborado o borrador. Así o trasladou esta mañá aos membros da Mesa de Comercio que se reuniu na Alcaldía para abordar tamén outros temas como as campañas de promoción do comercio local ou o impacto dos cruceiros.
xoves, 25 set 2014
Caballero avanzou hoxe xoves a batería de propostas diseñadas polo Concello para potenciar o comercio local durante a visita do Oasis of the Seas. Tamén se reforzará a información e o bus turístico, segundo explicou en rolda de prensa.
venres, 27 xuñ 2014
O alcalde mantivo unha reunión cos responsables da compañía para avaliar o funcionamento dos voos que operan desde Vigo a Ibiza, Valencia e Palma, rutas que van "francamente ben". Caballero confía en que "en setembro" Volotea decida que un avión teña base en Vigo -que significaría entre 25 e 30 empregos na cidade- e asegurou que a aeroliña vai "ampliar as rutas" desde Vigo para a próxima tempada.
martes, 24 xuñ 2014
Pasarela de Sol encherá de estilo e moda o centro da cidade o próximo xoves nun "novidoso" desfile ao aire libre no que novos creadores compartirán pasarela con consagradas firmas como Patricia Avendaño e Selmark. O Concello organiza este evento coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a Escola de Deseño Goymar, o Instituto Audiovisual de Vigo e o IES de Teis.
luns, 23 xuñ 2014
Volotea iniciou hoxe o voo a Palma de Mallorca, unha conexión que se une á de Ibiza e Valencia que arrancaron este mesmo mes. Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, xa está vendido o 60% dos billetes o que refrenda que "cando en Vigo hai oferta de voos de baixo custo, a xente viaxa".
martes, 10 xuñ 2014
27 establecementos e 45 empresas participarán na segunda edición da Vigo Shopping Night, unha actividade de dinamización comercial e de ocio que se organizará o venres 13 de xuño entre as 19,00 e as 02,00 horas. Promovida por Centro Príncipe e o Concello, esta iniciativa incluirá este ano unha pantalla xigante na Farola de Urzáiz para permitir aos interesados seguir o partido da selección española.
martes, 3 xuñ 2014
O alcalde eloxiou hoxe martes a Volotea, unha compañía de grandes prestacións e baixo custo coa que coopera o Concello e que este verán conectará Vigo con Valencia, Ibiza e Mallorca. Ao día seguinte ao vóo inaugural da tempada a Valencia, o rexedor lembrou que a única administración que apoia estes enlaces é o Concello de Vigo.