O goberno amenizará as rúas e o comercio local para a segunda escala do Oasis of the Seas
Caballero deu conta hoxe martes da batería de propostas diseñadas polo Concello para potenciar o comercio local durante a segunda visita do Oasis of the Seas á cidade. Tal e como explicou en rolda de prensa, tamén se reforzará a información e o bus turístico.
O Concello de Vigo volve a implicarse a fondo coa chegada do Oasis of the Seas o próximo sábado 18 de outubro, na que será a súa segunda visita á cidade. Co obxectivo de fomentar o comercio local, o goberno local ten perfilado un programa de actividades que se desenvolverán simultáneamente en distintos puntos da cidade. En primeiro lugar, referiuse ao reforzo da información e do bus turístico, que foi un éxito durante a primeira escala do cruceiro, explicou.
Desde as 12,00 ata as 17,00 horas, haberá exhibicións de oficios tradicionais na Praza da Constitución (palilleiras), na Praza da Princesa (cesteiros), en Príncipe (artesanía do vidrio) e Praza de Urzáiz (lutieres). Desde as 10,00 horas, a Porta do Sol acollerá unha exposición de traxes tradicionais e todo isto amenizado con actuacións musicais na Praza da Constitución, Porta do Sol, Praza de Urzáiz, e unha banda de música que percorrerá todo o Casco Vello e a rúa Príncipe durante a tarde. Ademais, a banda de Coruxo actuará a partir das 10,00 horas, actuará fronte ao Nadador, coincidindo coa saída do primeiro bus turístico. Por útlimo, fronte á Biblioteca Central actuará un grupo de blues Micky Nervio & The Blues Makers (de 12,00 a 14,00 horas)