Escoitar

Máis de 50 operarios municipais distribuidos en 9 brigadas atenden o mantemento dos viais en Vigo

O alcalde de Vigo cifrou hoxe en maís de 50 os operarios municipais que atenden a reparación de viais na ciade. Unha das nove brigadas nas que se dividen estes profesionais está nestes momentos arranxando as beirarrúas de Pablo Iglesias, logo de que os árbores levantaran as baldosas de grande parte da rúa.

luns, 13 out 2014
1413200921pabloiglesias.JPG
O rexedor achegouse esta mañá á rúa Pablo Iglesias para visitar as obras de reconstrucción de beirarrúas que se están a realizar para reparar os desperfectos causados polas raíces das árbores. Segundo explicou o rexedor aos medios, ademais desta brigada, hai outras 8 realizando traballos de mantemento e conservación por todo Vigo. En total, precisou, o Concello conta con máis de 50 operarios para estas tarefas.

Durante a visita, o alcalde lembrou as obras realizadas nesta zona da cidade, comenzando pola remodelación integral do estadio municipal, sobre a que reiterou que segue pendente da resposta da Xunta a súa petición de cooperación co finanzamento destas obras. Respecto ao contorno, Caballero ennumerou as rúas das zonas que xa foron humanizadas: Avenida Castrelos, nestes momentos en execución, Eugenio Kraff, Olímpicos, Val Miñor, Alcalde Portanet, Avenida Balaídos, Espedrigada, Avenida Florida, beirarrúas entre Fragoso e Eugenio Kraff.

Xunta de Goberno
Na última Xunta de Goberno Local adxudicouse provisionalmente a contratación do servizo de acondicionamento, mantemento, conservación e arranxo das infraestruturas do Concello de Vigo. Trátase, segundo detallou o rexedor, dun contrato por 4 anos (2014-2018) e un importe superior aos 6 millóns de euros. Ao respecto, Caballero explicou que ao carón das humanizacións masivas que se están a realizar, o Concello tamén traballa nos baches, alcantarillas levantadas, arranxos de beirarrúas, limpeza de cunetas, pavimentación de viais, reparacións de barandas, bolardos, entre outros.
Descargar todas as imaxes