O goberno local inicia a entrega dos 1,8 millóns en cheques sociais a 1.250 beneficiarios
O Concello comezou este luns a concesión das achegas económicas aos 1.253 beneficiarios do plan de axudas extraordinarias as familias, dotado con 1,8 millóns de euros. A razón de 200 familias diarias, que poden percibir máis dunha axuda, o goberno de Vigo entrega máis de 1.000 apoios á vivienda, 854 máis para enerxía e 755 para alimentación.
Abel Caballero informou esta mañá de que "hoxe empezamos a entrega das achegas extraordinarias ás familias de Vigo", un apoio "moi importante" que beneficia a 1.253 familias nos seus gastos básicos de vivenda, enerxía e alimentación.
O plan municipal, dotado con 1,8 millóns máis outros 200.000 euros reservados para cubrir eventuais reclamacións aceptadas, posibilita que as familias reciban "unha, dúas e ata tres" axudas do Concello, explicou o alcalde, dependendo das súas condicións, para vivenda, enerxía e alimentación, sucesivamente. Deste xeito, o goberno de Vigo efectúa máis de 1.000 apoios ao pago do aluguer ou hipoteca, outros 854 máis para as facturas de electricidade e gas e 755 máis en tarxetas tipo bancarias para gastos de alimentación.
Dos 1,8 millóns desta iniciativa, máis de 900.000 euros serán para pagos de hipoteca ou aluguer -163.325 euros se empregarán no pago de atrasos e outros 738.338 euros servirán para abonar os meses de outubro, novemebro e decembro-, 204.000 euros para electricidade e gas -cun importe máximo de 250 euros- e outros 695.000 euros van destinados á adquisición de alimentos. As cantidades a percibir varían en función dos ingresos, o número de membros da unidade de convivencia e de ter hipoteca ou aluguer.
Segundo aclarara Caballero nunha comparecencia anterior, unha familia pode resultar beneficiaria de axudas so para vivenda, para vivenda e enerxía ou tamén para vivenda, enerxía e alimentos, dependendo do baremo dos técnicos. Deste xeito, o Concello acordou unha axuda mínima de 138,15 euros e unha máxima de 5.111,55 euros.
De non gastarse os 200.000 euros reservados para as reclamacións que se acepten, o Concello adicará estes fondos a ampliar a partida de axudas de emerxencia, un programa de benestar en base ao que o equipo municipal atende entre 80 e 100 familias cada semana.
Descargar todas as imaxes