O Concello reparará o firme de pedra de once rúas do centro cun investimento superior aos 200.000 euros
O Concello vai investir maís de 200.000 euros na reparación do firme de pedra en once rúas do centro da cidade. Os traballos arrancaron onte en Elduayen, "nunha zona moi castigada polo tráfico", proseguerán o luns en Reconquista e iránse realizando paulatinamente coa previsión de que estea todas rematadas en novembro.