O alcalde alaba a figura do arquitecto Gómez Román na apertura dunha mostra na Casa Galega da Cultura
O alcalde participou este mércores na inauguración da exposición "Manuel Gómez Román. Arquitecto e galeguista. Unha ollada desde a Casa Galega da Cultura", mostra organizada pola Fundación Penzol por mor dos 50 anos do pasamento dunha das figuras máis importantes da arquitectura galega. A exposición, aberta ata o 20 de novembro.
Caballero subliñou a "importancia da exposición e da figura de Manuel Gómez Román, unha das máis destacadas da arquitectura viguesa e galega, cunha vida chea de compromiso con esta cidade, con Galicia a través desta cidade".
O 11 de novembro de 2014 cumpriranse 50 anos do falecemento de Manuel Gómez Román, unha das figuras máis importantes da arquitectura galega, cunha vida chea de compromiso con Vigo e Galicia. Gómez Román destacou pola súa prolífica obra arquitectónica inspirada nos monumentos galegos e nos nosos pazos.
A súa obra é moi significativa, presente en Vigo e na súa bisbarra: o edificio Simeón, o edificio Mülder, o Banco de Vigo (hoxe Banco Pastor), a Casa do Pobo do sindicato UGT, a Fábrica de Conservas Bernardo Alfageme, a Ermida da Guía, o Antigo Edificio da Caixa de Aforros (na Rolda de Don Bosco), o monumento á Mariña Universal en Monteferro... son mostras dela e da súa relevancia.
Home de gran compromiso social e cultural, en política formou parte da Corporación municipal viguesa, foi ademais Secretario Xeral do Partido Galeguista, fundador en Vigo de la Agrupación ao servizo da República.
A exposición mostra fondos arquivísticos e documentais da Fundación Penzol e da doazón de Francisco Fernández del Riego ao pobo de Vigo, custodiados na Casa Galega da Cultura. Ademais recolle unha serie de fotografías do Arquivo Fotográfico Pacheco, que dispón dun punto de consulta nesta Casa, o que xustifica o subtítulo "Unha Ollada dende a Casa Galega da Cultura".
Descargar todas as imaxes