Escoitar

O Concello outorga 67.000 euros a Foanpas para actividades extraescolares en 52 colexios

Abel Caballero indicou que esta achega permitirá que a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Vigo poida organizar case 500 actividades extraescolares de diversa índole en 52 centros públicos da cidade, das que participarán case 9.000 alumnos.

martes, 14 out 2014
O alcalde de Vigo informou este martes da concesión de 67.000 euros á Foanpas para o desenvolvemento de case 500 actividades extraescolares de diversa índole (obradoiros matinais, deportivas, artísticas, de apoio á formación do alumno como perfeccionamento de idiomas, informática ...) para un total de case 9.000 alumnos/as participantes en 52 colexios.

Caballero recordou ademais que o goberno de Vigo financia as bolsas de comedor escolar que xestiona Foanpas, cun importe de 606.000 euros.