Escoitar

Caballero invita á cidadanía a comprobar a súa visión tridimensional na carpa instalada polo Día Mundial da Optometría

O alcalde felicitou ao Colexio de Optometristas de Galicia, que ten instalada durante este martes unha carpa informativa en Príncipe con Velázquez Moreno para conmemorar o Día Mundial da Optometría, adicada este ano á visión en 3D. Tanto hoxe na carpa como toda a semana nas ópticas, a evalución é gratuita para quen desexe acudir.

martes, 14 out 2014
1413287867opticos.JPG
Caballero visitou este martes a carpa, onde profesionais ofrecen información sobre a visión tridimensional e realizan unhas sinxelas probas para comprobar o estado da mesma. Durante toda a semana, as ópticas realizarán revisións -tamén de balde e con máis detalle que na carpa- para determinar se padece algún problema de visión en tres dimensións.

Abel Caballero expuxo a importancia de facer periódicamente revisións da vista, recoñeceu ao colexio profesional a iniciativa impulsada e invitou a toda a cidadanía a achegarse ás ópticas e á carpa para evaluar a capacidade de visión tridimensional.
Descargar todas as imaxes