martes, 14 out 2014
O alcalde felicitou ao Colexio de Optometristas de Galicia, que ten instalada durante este martes unha carpa informativa en Príncipe con Velázquez Moreno para conmemorar o Día Mundial da Optometría, adicada este ano á visión en 3D. Tanto hoxe na carpa como toda a semana nas ópticas, a evalución é gratuita para quen desexe acudir.
martes, 14 out 2014
O goberno local prosegue este martes coa concesión dos 1.253 cheques sociais para familias viguesas con poucos recursos, a un ritmo de 150 beneficiarios cada día e por importe total de 2 millóns de euros. Abel Caballero destacou que Vigo é "o concello con maior política social de toda España"
martes, 14 out 2014
Abel Caballero indicou que esta achega permitirá que a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Vigo poida organizar case 500 actividades extraescolares de diversa índole en 52 centros públicos da cidade, das que participarán case 9.000 alumnos.
martes, 14 out 2014
Caballero deu conta hoxe martes da batería de propostas diseñadas polo Concello para potenciar o comercio local durante a segunda visita do Oasis of the Seas á cidade. Tal e como explicou en rolda de prensa, tamén se reforzará a información e o bus turístico.
martes, 14 out 2014
Este mércores día 15 de outubro, ás 12:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a mostra "Manuel Gómez Román. Arquitecto e galeguista. Unha ollada desde a Casa Galega da Cultura", organizada pola Fundación Penzol en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas e maila Editorial Galaxia, con motivo do 50ª aniversario do seu pasamento.
martes, 14 out 2014
O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) de Normalización Lingüística organiza os cursos de improvisación oral en verso e narración oral. Os cursos de carácter gratuíto celebraranse de outubro a maio, os mércores e xoves, respectivamente, no IME-Instituto Municipal de Educación