O Concello cede gratuitamente as intalacións do IMD a nove entidades educativas e sociais
O Concello cede gratuitamente as instalacións do Instituto Muncipal dos Deportes a nove entidades sociais e deportivas da cidade para que poidan desenvolver a súas actividades físicas. O rexedor asinou hoxe martes os convenios con estes colectivos para o que o Concello realiza unha exención de preto de 35.000 euros.
O alcalde deu conta da cesión gratuita das intalacións do Instituto Municipal de Deportes a nove entidades sociais e educativas da cidade. Estes colectivos estarán, polo tanto, exentos do pago de preto de 35.000 euros, tal e como explicou o rexedor.
Concretamtente, detallou, a Fundación Menela e a Asociación San Francisco usarán o Pavillón de Coia; o IES A Guía e o IES Teis terán acceso gratuito ao Pavillón e a Piscina de Teis; a Asociación Alborada tamén usará a pisina e o ximnasio de Teis; o IES Santa Irene, o CEIP Altamar e Cedro terán acceso ao Complexo Deportivo de As Travesas; e, por último, o IES San Tomé poderá disfrutar do Pavillón de O Carmen.
San Francisco
En rolda de prensa, Caballero explicou que os responsables da Asociación San Francisco non estiveron presentes na sinatura do convenio co IMD porque a hora coincidía coa protesta que este colectivo que tiña convocada frente a Xunta. Neste sentido, o alcalde, tal e como fixera hai tres semanas cando recibiu aos responsables do centro, reiterou a súa preocupación polos usuarios desta entidade, discapacitados intelectuais, que estaban acostumbrados ao centro o que lles outorgaba gran autonomía, destacando a capacidade dos profesionais para integrar aos usuarios, algúns con máis de 25 anos de asistencia, para que sexan autosuficientes.
O alcalde esixiu á Xunta, tal e como decidiu o Pleno o pasado mes de setembro, que garanta a calidade asistencial dos usuarios e "iso, na nosa opinión, nestes momentos so o fai San Francisco", concluiu.
Descargar todas as imaxes