Escoitar

Caballero invita á cidade a asistir ás Xornadas de Filosofía, que abordarán o tema da felicidade

O alcalde e o concelleiro de Cultura participaron este mércores na presentación da 22ª edición destas xornadas, a celebrarse no Auditorio Municipal do Concello do 21 ao 23 deste mes, en horario de tarde e con entrada gratuíta. Caballero subliñou que esta cita conseguiu ter "presencia perenne no debate social da cidade".

mércores, 15 out 2014
1413374225filosofia.JPG
Organizadas polo grupo Aletheia, a nova edición das Xornadas de Filosofía abordará do 21 ao 23 deste mes o tema de felicidade, en horario de 17 a 21 horas, coa finalidade de sensibilizar á sociedade viguesa sobre a posibilidade e a necesidade de loitar por conquistar a felicidade, segundo indicou o representante da organización, Avelino Muleiro. Con entrada de balde, a proposta consiste en abrir canais de esperanza ao público e en ofrecerlles información de carácter científica, psicolóxica, filosófica e rigurosa.

O Concello coopera na celebración deste evento coa achega de 8.000 euros e a cesión gratuíta do Auditorio Municipal, sendo a única administración pública que apoia as xornadas, segundo expuxo Avelino Muleiro.

Entre os ponentes máis destacados están Javier Urra, doutor de Psicoloxía coa especialidade de Clínica e Forense, Jenny Moix, doutora en Filosofía pola Autónoma de Barcelona, Javier Sábada, catedrático de Ética da Autónoma de Madrid, Manuela Martínez, doutora en Mediciña e Ciruxía, Jesús Monteserín, catedrático de Lóxica e Ciencia da Universidade de Barcelona, e Ignacio Morgado, catedrático de Psicobioloxía no Instituto de Neurociencia de Barcelona.
Descargar todas as imaxes