O goberno local investiu 145.000 euros na reforma das pistas de atletismo de Balaídos
O alcalde pasou revisión este venres ás obras de reforma nas pistas, nas que o Concello investiu 145.000 euros. Abel Caballero amosou a súa satisfacción pola remodelación no recinto deportivo, que se suma ás melloras realizadas na pista do parque de Castrelos.
Abel Caballero visitou este venres os traballos de mellora que acometeu o goberno local nas pistas de atletismo de Balaídos, un investimento total de 145.000 euros para cuestións como o mantemento das pistas, reposición do alumeado, subministro de material eléctrico e novos equipamentos de competición, como tacos de saída, anemómetro dixital, vallas de atletismo, somier para salto de altura, xabaliñas, discos, pesos, saltómetros de pértiga e altura e un marcador multideporte.
Descargar todas as imaxes