Escoitar

Os 5,4 millóns que o Concello adica a fomento do emprego permiten crear este ano 922 postos de traballo

O orzamento municipal para fomento do emprego é de 5,4 millóns de euros que servirán para crear 922 postos de traballo este ano. Concretamente, a Xunta de Goberno Local ven de dar luz verde a subvencións a distintas entidades sen ánimo de lucro por importe de preto de 800.000 euros. Estas axudas, incluidas no plan municipal de emprego, permitirán crear 172 postos de traballo.

xoves, 9 out 2014
A Xunta de Goberno local deu luz verde á proposta de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro. Deste xeito, adxudicáronse 795.000 euros cos que se crearán 172 postos de traballo. Tal e como detallou Caballero, o orzamento, adxudicado por concurrencia competitiva, distribúese en 5 programas: 156.884 euros, para entidades veciñais e culturais que empregarán a 36 persoas; 209.509 euros para entidades sociais e asistenciais cos que se crearán 43 postos de traballo; 80.000 euros para xerar 7 postos de traballo; 203.605 euros, para 54 empregos e, por último, 145.000 euros para a Comunidade de Montes de Vigo, que ofertará traballo a 32 persoas.

En rolda de prensa, o alcalde enmarcou estas achegas no plan municipal de fomento do emprego dotado de 5,4 millóns que permitirán crear 922 postos de traballo. No desglose, aparece a convocatoria de convenios, dotado con 1,2 millóns para crear 160 empregos; o programa Vigoemprega, con 1,5 millóns e 210 postos de traballo; o Plan de emprego xuvenil que, con 0,5 millóns, ofrecerá traballo 100 persoas, aproximadamente; O Vigo Integra, que con 0,5 millóns permitirá la inserción laboral de 80 persoas: o programa Imos Traballar que, con 1,6 milóns, permitirá crear 70 postos de traballo e, finalmente, axudas á creación de empresas, cunha convocatoria de 150.000 euros e uns 50 empregos. Segundo Caballero a estes 922 empregos, hai que sumar os postos de traballo que xeran as políticas keinesianas.