Caballero di que o Concello dará "todo a apoio" á Semana do Atlántico Cidade de Vigo", que é "un espectáculo único" <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu a Semana do Atlántico Cidade de Vigo-XXXIX Trofeo Martín Barreiro, como un evento de "Vigo en estado puro, do Vigo da navegación, da vela, de Ría, do Real Club Náutico e do seu traballo inestimable". O xefe do goberno municipal realizou estas declaracións durante a presentación do evento nos salóns da centenaria sociedade, onde estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e doutras autoridades.<br />
A proba, que comezará o vindeiro día 25 e que se disputará en dous ciclos na Ría viguesa (25 e 26, 31 de outubro ao 2 de novembro) e, por vez primeira, e un en Viana do Castelo (Portugal) os días 25 e 26, rematará o domingo 2 de novembro.
A Semana do Atlántico encherá a Ría de velas dende o sábado 25, cando os participantes comezarán a disputar o histórico Trofeo Martín Barreiro coa entrada en acción dos regatistas de Vaurien, Láser, Snipe e 420. O evento, que nos seus comezos (anos 70) foi creado para a clase snipe, xunta dende o ano 2000 a varias clases, co que a participación multiplicouse e en augas viguesas participarán medio milleiro de barcos.
A expansión da Semana a nivel internacional non pasou desapercibida para o alcalde: "Noraboa, presidenta, pola internacionalización da proba, que tanto nos gusta e satisfai", sostivo. Viana verá á flota de Optimist os días 25 e 26 como Semana do Atlántico Vila de Viana do Castelo. Esa mesma flota competirá en Vigo a fin de semana seguinte no Meeting Internacional, o prato maís forte das competicións.
Caballero non dubidou en magnificar o evento pola súa historia e tradición: "É un espectáculo único, con barcos pilotados polos mellores navegantes, é esta a mellor capacidade de facer vela no mundo", dixo, E referiuse a que en Vigo "capitaneamos" este tipo de competicións náuticas porque "levámolo no noso propio ADN; non é tarefa doada porque está reservado a quen ten alma e corazón de navegante".
O rexedor subliñou, ademais, que esta xunta directiva vai ter todo o apoio do Concello para seguir adiante coa súa actividade deportiva" xa que a Semana do Atlántico "é historia, é presente e será cada vez máis brillante".
A presidenta do Náutico, Viviana García, afirmou pola súa banda que está "namorada" da Semana do Atlántico Cidade de Vigo, que "é a nosa paixón" porque "representa a filosofía" da entidade, agradeceu o apoio do Concello e do resto de institucións e patrocinadores, e puxo en valor o apelido de Trofeo Martín Barreiro pois "non hai Semana sen o Martín Barreiro".
Descargar todas as imaxes