luns, 6 outubro 2014

O Concello consensuará con todos os axentes implicados a ordenanza de comercio

luns, 6 out 2014

Caballero avanzou esta mañá a vontade do goberno de consensuar con todos os axentes implicados a ordenanza de comercio da que xa está elaborado o borrador. Así o trasladou esta mañá aos membros da Mesa de Comercio que se reuniu na Alcaldía para abordar tamén outros temas como as campañas de promoción do comercio local ou o impacto dos cruceiros.

Caballero avoga pola creación "sostenible" e de "utilidade social" no Dia Internacional da Arquitectura

luns, 6 out 2014

O alcalde, a tenente de alcalde e o concelleiro de Fomento acompañaron este luns aos responsables do Colexio de Arquitectos ao parque de Castrelos polo Día Internacional do sector, baixo o lema "Cidades Saudables, Cidades Felices". Caballero defendeu que os arquitectos aposten pola calidade de vida de todos os colectivos e por crear espazos de ocio e recreo de forma "sostible" e pensando na "utilidade social".

O Concello colabora con FEAFES no financiamento do seu local

luns, 6 out 2014

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns un convenio de colaboración entre a administración que preside e FEAFES, a Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia. Coa achega económica rubricada esta mañá, o goberno local colabora coa entidade nos gastos de financiamento do seu local, ubicado en Serefín Avendaño.