Escoitar

O alcalde salienta a importancia do "macrocongreso" que FAO organizará en Vigo o próximo ano

Caballero saúda con entusiasmo o anuncio de FAO de organizar o ano que ven na cidade un "macrocongreso" de pesca e alimentación no que participarán máis de 140 países. Lembrou que mañá arranca Conxemar cun chego total de todos os hoteis da zona.

luns, 6 out 2014
O alcalde participou esta mañá na apertura do Congreso Mundial do Langostino, o terceiro certamen consecutivo de carácter científico técnico que organiza FAO na cidade, coincidindo coa feira de Conxemar. Tal e como trasladou máis tarde aos medios de comunicación, Caballero felicitouse polo anuncio realizado polo subdirector de Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura de que o ano que ven Vigo vai acoller un "macrocongreso" de pesca e alimentación con representantes de máis de 140 países, destacando a repercusión deste evento na economía local.

A este respecto, insistiu no cheo total dos hoteis pola feira Conxemar, que abre as súas portas mañá no Ifevi. Destacou que o Concello contribúe con cen mil euros con este evento, explicando que "de momento gañamos a batalla", en referencia á feira do conxelado que se organiza en Barcelona, en clara competencia desleal con Vigo.