O Concello colabora con FEAFES no financiamento do seu local
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns un convenio de colaboración entre a administración que preside e FEAFES, a Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais de Galicia. Coa achega económica rubricada esta mañá, o goberno local colabora coa entidade nos gastos de financiamento do seu local, ubicado en Serefín Avendaño.