O Concello consensuará con todos os axentes implicados a ordenanza de comercio
Caballero avanzou esta mañá a vontade do goberno de consensuar con todos os axentes implicados a ordenanza de comercio da que xa está elaborado o borrador. Así o trasladou esta mañá aos membros da Mesa de Comercio que se reuniu na Alcaldía para abordar tamén outros temas como as campañas de promoción do comercio local ou o impacto dos cruceiros.
O alcalde deu conta esta mañá do inicio dun periodo de diálogo con comerciantes e consumidores para consensuar a ordenanza de comercio da que xa se traballa cun borrador. Rematada a Mesa do Comercio, o rexedor reiterou en rolda de prensa a importancia de elevar ao Pleno un texto avalado por unanimidade e que recollerá cuestións tan relevantes como a regulación da venda ambulante.
Segundo Caballero, ao longo do encontro, tamén se abordou o impacto dos cruceiros nas vendas. Ao respecto, o alcalde avanzou que o día 18 o Concello volverá dinamizar a cidade coa chegada outra vez do Oasis of the Seas e anunciou a creación dunha mesa de traballo para explorar novas accións, puntalizando "que non descartamos organizar algo cada vez que chegue un cruceiro de certa importancia á cidade". O proxecto de remodelación da conexión interna do Mercado de O Berbés, un informe sobre campañas de promoción de comercio financiadas con fondos municipais ou un avance da próxima campaña de Nadal foron outros dos temas tratados no encontro.
A Mesa de Comercio contou tamén coa presenza do concelleiro de Comercio, Angel Rivas, admais da tenente de alcalde, Carmela Silva. Tamén acudiu un representante da Consellería de Economía e Facenda, así como da Asociación de Comerciantes Centro Príncipe, VigoVello, Zona Centro Vigo, ACECA, AETRAVI, MERCACEVI, FECOVI, Federación de Comercio Vigo Histórico, Agarimo, Cámara de Comercio, Federación Provincial de Comercio, Foro Galego de Comercio de Vigo.
Descargar todas as imaxes