O goberno de Vigo outorga 1,8 millóns a 1.250 beneficiarios para axudas á vivenda, enerxía e alimentos
O alcalde informou este mércores da resolución da convocatoria de axudas extraordinarias para familias, que beneficiará a 1.253 solicitantes. Máis de 900.000 euros serán para pagos de hipoteca ou aluguer, 204.000 euros para electricidade e gas e outros 695.000 euros van destinados á adquisición de alimentos. As cantidades a percibir varían en función dos ingresos, o número de membros da unidade de convivencia e de ter ou non hipoteca ou aluguer.
Caballero indicou que, dos 901.633 euros destinados á vivenda, 163.325 euros se empregarán no pago de atrasos no aluguer ou hipoteca e outros 738.338 euros servirán para abonar os meses de outubro, novemebro e decembro. Máis de mil familias percibirán algunha cantidade para apoio á vivenda.
En segundo lugar, 203.986 euros irán dirixidos ao pago da electricidade e o gas, beneficiando a 884 familias cun importe máximo de 250 euros. Por último, avanzou o alcalde, 694.307 euros serán entregados nas chamadas "tarxetas da dignidade" a 755 familias para a adquisición de alimentos.
Caballero aclarou que unha familia pode resultar beneficiaria de axudas so para vivenda, para vivenda e enerxía ou tamén para vivenda, enerxía e alimentos, dependendo do baremo dos técnicos. Deste xeito, o Concello acordou unha axuda mínima de 138,15 euros e unha máxima de 5.111,55 euros.
O goberno local iniciará a próxima semana os pagos aos beneficiarios na lonxa do Concello, en turnos a razón de 200 diarios. Unha vez recibida a notificación, o Concello abre un prazo dun mes para que os solicitantes que así o desexen poidan presentar un recurso.
Abel Caballero explicou que o orzamento para este programa de axudas extraordinarias ás familias ascende a 2 millóns de euros, reservando o goberno de Vigo 200.000 euros para atender ás eventuais reclamacións dos solicitantes. De non gastarse, o Concello adicará estes fondos a ampliar a partida de axudas de emerxencia, un programa de benestar en base ao que o equipo municipal atende entre 80 e 100 familias cada semana.
O Concello de Vigo recibiu 1.971 solicitudes, das que 718 foron desestimadas por incumprimento das bases da convocatoria, principalmente por superar o máximo dos ingresos requeridos, por erros na documentación e por incumprir coa antigüidade no padrón municipal.
Caballero explicou que as solicitudes foron valoradas concedendo un número de puntos a cada un en función dos ingresos, de ter ou non hipoteca ou aluguer e do número de persoas que conforman a unidade de convivencia. O Concello dividiu o total da partida económica entre o total de puntos asignados, correspondendo así maior axuda económica aos beneficiarios con maior puntuación.