Escoitar

O alcalde convocará ao secretario xeral de Deporte para tratar da remodelación integral de Balaídos

Abel Caballero convocará de xeito inmediato ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para tratar da remodelación integral de Balaídos. Na mesma rolda de prensa, avanzou que o acordo coa Deputación sobre este tema está a punto de pecharse.

xoves, 9 out 2014
Abel Caballero avanzou que hoxe mesmo enviará unha carta ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para manter unha reunión o antes posible, para tratar da remodelación integral do estadio municipal de Balaídos. En declaracións aos medios, Caballero lembrou que o presidente da Xunta non lle contestou a ningunha das dúas cartas que lle envíou solicitando unha persoa de referencia para falar da participación da Xunta de Galicia neste proxecto pero, engadiu, que convocará a Lete dado que el mesmo asegurou públicamente que será a persoa delegada polo presidente da Xunta para asumir esta negociación.

Por outra banda, o rexedor explicou que as conversas coa Deputación de Pontevedra "van por moi bo camiño" polo que espera que "se peche o convenio de xeito inmediato".