O Concello cubre toda a demanda de bolsas de libros e comedor con máis de 5.000 achegas
O goberno local adicará 1,8 millóns de euros a cubrir toda a demanda de bolsas de libros e comedor dos centros educativos da cidade. Deste xeito, neste curso o Concello financiará 5.000 bolsas de libros e 1.400 de comedor, de xeito, que non hai listas de agarda, explicou o rexedor, tal e como se comprometera públicamente.
A Xunta de Goberno local aprobou a proposta de autorización de gasto para cubrir a totalidade da lista de agarda de axudas escolares de libros e comedor. Tal e como relatou o rexedor, autorizouse un gasto de 176.000 euros para que non haxa ningún neno en lista de agarda nin en comedor nin en libros, "a primeira vez que isto sucede na cidade" puntualizou. Segundo detallou, o Concello, con 1,8 millóns, cubre os 200.000 euros que retirou a Xunta dos comedores de Vigo e outorga unhas 5.000 achegas para comedor, incluíndo as que se financian a través de Foanpas, e 1.400 bolsas de libros. O rexedor rematou lembrando que con esta decisión "cúmprimos un compromiso do goberno, e amosou a súa satisfacción porque nesta cidade non haxa listas de agarda nin de libros nin de comedor.
O alcalde tamén deu conta da aprobación do proxecto básico e de execución da rehabilitacion da "Casa do Patín" para convertilo nun espazo municipal de uso social para todo Vigo e, singularmente para os veciños de Bouzas en Bouzas. Conta cun orzamento de 500.000 euros e un prazo de execución de seis meses.
O goberno local tamén contratou a obra da cuberta das escaleiras mecnánicas da rúa Segunda República, cun importe de 320.000 euros aos que hai que sumar outros 489.000 euros que se investiron na instalación da escaleira. En total, dixo o rexedor, a primeira actuación da cidade no chamado Vigo vertical supón un investimento de 809.000 euros. Segundo explicou esta obra "cumpre un soño na cidade", engadindo que o Concello tamén está a traballar no proxecto de elevador entre Pi i Margall e Camelias. Respecto das escaleiras de II República, Caballero explicou que tamén se humanizou o contorno, renovando abastecemento, saneamento, rexime hidráulico ou luminarias, entre outros aspectos.
Descargar todas as imaxes