Air Nostrum conectará Vigo con 8 destinos ao adxudicarse o concurso de promoción turística do Concello
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres adxudicou provisionalmente o contrato de promoción turística de Vigo á compañía, segundo expuxo o alcalde, ao presentar a mellor oferta, cunha baixa de case 600.000 euros sobre o prezo de licitación e o compromiso de abrir oito rutas: Gran Canaria, Sevilla, Málaga e Londres no 2015, aos que se sumarán Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma en 2016. No 2017 manteranse os oito destinos, segundo o contrato. "O aeroporto de Vigo comeza a abrir o seu horizonte", salientou Caballero.
O contrato de promoción turística de Vigo en mercados nacionais e internacionais mediante conexións aéreas foi adxudicado provisionalmente á compañía Air Nostrum, tal e como informou Abel Caballero ao remate da Xunta de Goberno Local deste venres.
Á espera da adxudicación definitiva, Air Nostrum plantea abrir o ano que ven conexións con Vigo desde Gran Canaria, Sevilla, Málaga e Londres, mentres que no 2016 sumarían rutas a Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma, mantendo os oito destinos tamén no 2017. A aérea ofertou unha baixa "moi importante", en verbas do rexedor, do 17,6% sobre o prezo da licitación, quedando o contrato plurianual fixado en 2.928.000 euros, desde este ao ano 2017.
Abel Caballero valorou positivamente o resultado do concurso municipal. "Práceme especialmente ver a ruta de Londres", salientou, ao ter "moita demanda" na cidade, ademais de saudar Bruxelas, "moi benvida" tendo en conta que en Vigo está localizada a sede da Axencia Europea de Control da Pesca.
"O aeroporto de Vigo comeza a abrir o seu horizonte", afirmou Caballero, quen salientou que "os pasos estanse a dar" cara a "recuperación" de Peinador, terminal que hoxe conta con 4 rutas -Madrid, Barcelona, Bilbao e París- e sumará nos próximos anos un total de 16 destinos.
Mirador do Castro
A Xunta de Goberno Local tamén acordou na sesión deste venres a apertura dun novo procedemento de licitación para a adxudicación da concesión administrativa da cafetería do Mirador do Castro, tras quedar deserto o anterior concurso. Caballero explicou que o proceso se inicia cos mesmos pregos de condicións de anterior: "significa que abrimos un novo procedemento máis garantista do que esixe a lei". O alcalde afirmou que "cremos que é unha licitación importante", para dar atención a un espazo "cada vez máis frecuentado" e onde falta un ambito de servicio "en condicions".
Descargar todas as imaxes