Escoitar

O Concello exhibirá no cemiterio de Pereiró un coche fúnebre municipal matriculado en 1940

O alcalde de Vigo constatou esta mañá o bo estado de conservación dun coche fúnebre municipal matriculado en 1.940 que se exhibirá a partir de agora no cemiterio de Pereiró. Así o avanzou durante unha visita a este camposanto municipal onde cifrou en 60.000 euros o investimento en cemiterios municipais.

xoves, 30 out 2014
1414674303cementerio.JPG
O Concello de Vigo exhibirá durante os próximos días no cemieterio de Pereiró un coche fúnebre que foi matriculado o 7 de xullo de 1.940. Conocido como Doge Carnero e fabricado en Estados Unidos en 1937, costou 20.000 pesetas e supostamente xa foi utilizado xa na Guerra Civil como coche fúnebre. Tal e como explicou hoxe o rexedor, o obxectivo será manter esta reliquia no cemiterio para disfrute de todos os visitantes polo que se colocará nunha urna para evitar o seu deterioro.

Abel Caballero explicou en declaracións aos medios que o Concello investiu este ano 60.000 euros en obras executadas nos cemiterios municipais. Concretamente, no de Pereiró, colocáronse 126 m liñais de borde de adoquín nos xardíns, no de Pereiró, colocáronse reixas para tapas as conduccións de auga sobrante do drenaxe natural do terreo, adoquíns nos parterres, ademais de acondicionar os xardíns exteriores. No caso de Candeán, realizáronse obras de acometida de saneamento así como a construcción dun aseo. En Lavadores, dixo, fixéronse obras de accesibilidade para persoas discapacitadas.

Caballero explicou que para todos os camposantos municipais, incluíndo os de Beade, Cabral, Bembrive e Zamáns, adquirirónse escaleiras de aluminio para todos os cemiterios e se están a facer labores de limpeza e ornato consistentes na reposición de prantas, recebado e compacto de camiños.

Ademais, proseguiu, está pendente de adxudicarse o proxecto básico e de execución de consolidación da cimentación de nichos no cemiterio de Teis. Pese a ser titularidade e competencia de privados, explicou, o Concello declarou o seu interese público para poder acometer traballos que impidan o derribo de 181 unidades.
Descargar todas as imaxes