venres, 31 outubro 2014

Air Nostrum conectará Vigo con 8 destinos ao adxudicarse o concurso de promoción turística do Concello

A Xunta de Goberno Local celebrada este venres adxudicou provisionalmente o contrato de promoción turística de Vigo á compañía, segundo expuxo o alcalde, ao presentar a mellor oferta, cunha baixa de case 600.000 euros sobre o prezo de licitación e o compromiso de abrir oito rutas: Gran Canaria, Sevilla, Málaga e Londres no 2015, aos que se sumarán Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma en 2016. No 2017 manteranse os oito destinos, segundo o contrato. "O aeroporto de Vigo comeza a abrir o seu horizonte", salientou Caballero.