Escoitar

O Concello investirá preto de 160.000 euros na reforma da cuberta do pavillón de Teis

A Xunta de Goberno Local aprobou a reforma da cuberta do pavillón polideportivo de Teis, por importe de 158.359 euros. Tal e como explicou o rexedor, tamén se deu luz verde ao proxecto de humanizacio n de María Berdiales, por valor de 645.873 euros.

venres, 31 out 2014
Abel Caballero deu conta hoxe venres da aprobación do proxecto de reforma da cuberta no Pavillón polideportivo de Teis, por un importe de 158.359 euros. Segundo explicou, esta infraestrutura presenta importantes desperfectos consecuencia dos temporais do último inverno.

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou o proxecto de obras de humanización de María Berdiales, que incluirá a renovación de pavimento de beirarrúas e calzada, redistribución de espazos, renovación de instalacións e mellora do mobiliario. Por un importe de 645.873 euros e un prazo de execución de 5 meses, colocaránse 44 árbores, 5 bancos, 5 papeleiras, así como varias xardineiras.

O rexedor anunciou o comezo inmediato das obras de renovación de redes e abastecemento no Calvario, na avenida Atlántida, e Mestre Chané e Montecelo Alto. Tamén se referiu á renovación de redes de abastecemento na rúa Cantabria, entre avenida do Aeroporto e Ramón Nieto, cun orzamento de 300.000 euros. Todas estes traballos arrancarán antes de que remate o ano.