Escoitar

A Fundación Laxeiro presenta VISIBILIDADE MÍNIMA de Juan Adrio

A Fundación Laxeiro inaugura o 31 de outubro a exposición titulada "Visibilidade mínima" do artista Juan Adrio (Pontevedra, 1971). A exposición é una mostra de fotografía na que o autor aborda a paisaxe, nunha sutil serie de imaxes a cor que, sen embargo parecen estar feitas en branco e negro, debido aos momentos meteorolóxicos que o artista elixe para capturar coa súa cámara.

xoves, 30 out 2014
1414662270juan1.jpg
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Juan Adrio é un fotógrafo singular que desenvolve o seu traballo nos límites da linguaxe fotográfica, concretamente neste proxecto, a fronteira entre a fotografía en branco e negro e a fotografía a cor; moi presente xa na exposición titulada Tempo gris que se puido ver o pasado ano no Pazo da Cultura de Pontevedra, e tamén neste novo proxecto, Visibilidade mínima, no que volve abordar a paisaxe, nunha sutil serie de imaxes a cor que, sen embargo parecen estar feitas en branco e negro, debido aos momentos meteorolóxicos que o artista elixe para capturar coa súa cámara.
Descargar todas as imaxes

Máis información