O goberno local estudará a proposta alternativa da Xunta de Galicia para a reforma de Balaídos
O alcalde é "proclive a aceptar" a contraproposta autonómica para a reforma do estadio, que pasaría por adicar 2 millóns ás pistas de atletismo baixo a grada de Río e as anexas ao recinto. O planteamento municipal era que a Xunta achegase o 10% do custo total da remodelación de Balaídos, 3 millóns de euros, a mesma porcentaxe na que participou para refacer o estadio de Pasarón, en Pontevedra.
O alcalde, Abel Caballero, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, mantiveron este mércores unha reunión para abordar o proxecto municipal de reforma do estadio de Balaídos, coa participación xa comprometida do Real Club Celta, a Deputación de Pontevedra e o propio Concello de Vigo.
O goberno local expuxo o proxecto á Xunta de Galicia e plantexou que o executivo autonómico cooperase no financiamento con 3 millóns de euros, o 10% do total orzamentado para Balaídos, a mesma porcentaxe que adicou á remodelación do estadio de Pasarón, en Pontevedra.
Segundo explicou Caballero ao remate da reunión, a Xunta de Galicia fai unha "proposta alternativa" que pasaría por destinar 2 millóns de euros ás pistas de atletismo anexas ao estadio e á existente baixo a grada de Río, que acometería en 2015 e 2016. O alcalde afirmou que estudará "en detalle" o planteamento autonómico cos técnicos municipais, adiantou que non o descarta "en absoluto", o ve "razonable" e mostrouse "proclive a aceptalo".
Descargar todas as imaxes