mércores, 29 out 2014
O alcalde rubricou hoxe mércores un convenio coa entidade por valor de 15.000 euros para o aluguer do seu local, acordo que se suma a outro xa asinado polo que o Concello destina 43.000 euros para apoiar a laboura do Banco de Alimentos.
mércores, 29 out 2014
O Concello trata de localizar ás 47 beneficiarios pendentes de recibir a súa achega social do plan de axudas a familias, ao tempo que tamén está a resolver os recursos recibidos á resolución dun programa social dotado de 2 millóns de euros. Tal e como explicou o rexedor, xa se entregaron 1.206 das 1.253 achegas concedidas.
mércores, 29 out 2014
Entre os próximos 1 e 9 de novembro o Centro Social Afundación acollerá o Outlet do libro galego, unha iniciativa que supón unha nova oportunidade comercial para para moitos títulos de editoriais galegas que nestes momentos están fora de circuito de ventas. Deste xeito Vigo súmase a un proxecto que xa percorreu Pontevedra, Santiago, Lugo, Ourense ou Allariz.
mércores, 29 out 2014
O Concello arrancará antes de que remate o ano os traballos de remodelación dos parques de Castrelos e Torrecedeira. O investimento será de 390.000 euros e 47.000 euros, respectivamente, e as obras se prolongarán durante dous meses.
mércores, 29 out 2014
A programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, continúa no Auditorio Municipal do Concello este venres día 31 coa compañía Vaivén Circo, que nos achega a un día de traballo en calquera fábrica do século XX, na obra "Do not disturb. No molestar"; catro personaxes singulares traballados para provocar sentimentos de todo tipo. As entradas, a 8€, están á venda en servinova (servinova.com e 902.504.500), a Central de Espectáculos e na billeteira do recinto dende unha hora antes.