Escoitar

O Concello coopera co Outlet do libro galego organizado en Vigo entre o 1 e o 9 de novembro

Entre os próximos 1 e 9 de novembro o Centro Social Afundación acollerá o Outlet do libro galego, unha iniciativa que supón unha nova oportunidade comercial para para moitos títulos de editoriais galegas que nestes momentos están fora de circuito de ventas. Deste xeito Vigo súmase a un proxecto que xa percorreu Pontevedra, Santiago, Lugo, Ourense ou Allariz.

mércores, 29 out 2014
1414587615cayetano.JPG
O Concello de Vigo colabora co Outlet do Libro Galego, organizado pola Asociación Galega de Editores (AGE), que terá lugar no Centro Social Afundación (sala de exposicións, r/ Velázquez Moreno 18) do 1 ao 9 de novembro, en horario de 11,00 a 14,00 h e de 17,00 a 21,00 h.

O Outlet do Libro Galego é unha nova oportunidade comercial para moitos títulos de gran valor do catálogo das editoriais galegas, que nestes intres se atopan fóra dos circuitos comerciais convencionais. O seu obxectivo é abrir unha nova canle de comercialización que poña en contacto estas obras de contido variado cun público que ten gran interese en coñecer esta oferta. Poderán adquirirse libros a 5, 10 e 15 €, así como lotes de 1 libro por 3 €, 2 libros por 5 € e 5 libros por 10 €.

O Outlet fundamentase nunha colaboración a tres bandas entre o Concello, unha libraría local, neste caso Librouro, e a Asociación Galega de Editores. Nesta edición participarán quince editoriais asociadas á AGE, con 1.000 títulos de diferentes liñas editorais: narrativa, ensaio, poesía, divulgación, literatura infantil e xuvenil, arte, etnografía, música... Vigo, deste xeito, súmase ao proxecto iniciado xa en anos pasados nas cidades de Pontevedra, Santiago, Lugo, Ourense ou Allariz.

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e o responsable da Asociación Galega de Editores, Xulio Amigo, presentaron hoxe esta iniciativa en rolda de prensa no Concello de Vigo.
1414587615cayetano.JPG
1414587624cartel.jpg
Descargar todas as imaxes