O goberno local financia a Semana de Teatro Afeccionado con funcións todos os domingos de novembro
O Concello financia a Semana de Teatro Afeccionado organizada polos Centros Deportivos e Culturais de Vigo todos os domingos do mes de novembro. En total, son cinco funcións que se representarán en Bembrive, Matamá, Beade, Cabral e Valladares.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais organiza un ano máis, co patrocinio do Concello, a Semana de Teatro Afeccionado con funcións todos os domingos de novembro. Esta iniciativa arranca o 2 de novembro na SCDR Helios Bembrive, coa actuación do grupo Rueiro de Coia, que representarán "Comedia bífida". "O achado do Castro" chegará o 9 de novembro á SCD Atlántida de Matamá da man de Teatro Tarantela de Beade.
O 16 de novembro o teatro será no CSCR de Beade onde o grupo Atlántida de Matamá representará "Visión dun cego". "Exposición de catro momentos" chegará o 23 de novembro ao CCR de Cabral, interpretada polo grupo de Teatro Escoitade de CCR de Valladares. Por último, o 30 de novembro representarase "A casa do senador" no CCR de Valladares, da man do Grupo de Teatro Porta Aberta. Todas as funcións serán ás 19,00 horas.
Este patrocinio cultural está enmarcado no convenio de colaboración dotado con esta entidade, que inclúe outra inicativa cultural chamada Programa vente con nós. Trátase de actuacións de 19 grupos de música e baile tradicional que realizarán preto de 40 actuacións por distintos barrios da cidade.
Descargar todas as imaxes