Escoitar

Caballero celebra que Volotea xa conecte Vigo con Valencia, Ibiza e Mallorca

O alcalde eloxiou hoxe martes a Volotea, unha compañía de grandes prestacións e baixo custo coa que coopera o Concello e que este verán conectará Vigo con Valencia, Ibiza e Mallorca. Ao día seguinte ao vóo inaugural da tempada a Valencia, o rexedor lembrou que a única administración que apoia estes enlaces é o Concello de Vigo.

martes, 3 xuñ 2014
1401796348volotea.JPG
A alcalde destacou o inicio da tempada de Volotea que onte arrancou co seu primeiro vóo a Valencia e que seguirá nos próximos días con Ibiza e Mallorca, "tres destinos importantes", dous deles turísticos e outro máis comercial, explicou. Ademáis, engadiu, trátase dunha compañía que ofrece altas prestacións con prezos de baixo custo, lembrando que esta semana hai billetes á venda para Valencia a 26 euros. En rolda de prensa, Caballero lembrou que o apoio a Volotea "faise nada máis desde o Concello", sen axudas de ningunha outra administración.

Asimesmo, o rexedor avanzou que o Concello tamén cooperará co 10 aniversario de Air France operando a liña Vigo-París Charles de Gaulle porque "está a sufrir unha situación difícil dado que ten que competir con outro vóo á capital francesa que sae de Santiago e que conta cunha importante subvención da Xunta. Tamén se referiu a intención do goberno local de continuar coa aposta por Vueling con destino a Barcelona e con Iberia Express a Madrid. Respecto a esta ruta, recoñeceu estar "preocupado" porque Air Europa traslade á Coruña as grandes naves que ata o de agora operan en Vigo para substituílos por avións de 50 prazas, o que mermaría a oferta nun 30%.
Descargar todas as imaxes