A Corporación aproba unha moción para potenciar e mellorar a competitividade de Peinador
O Pleno da Corporación debatiu e aprobou este luns unha moción presentada polo BNG sobre o aeroporto de Vigo, que foi validada grazas ás abstencións de socialistas e populares. O texto esixe a execución dos investimentos previstos en Peinador e solicita da Xunta o mesmo trato para as tres terminais galegas.
A moción amosa a "unidade sen fisuras" de todos os interlocutores públicos e privados para "manter e mellorar a competitividade e sustentabilidade" do aeródromo vigués, ferramenta importante para o desenvolvemento económico da cidade e do seu entorno.
O acordo tamén esixe que se realicen os investimentos previstos en Peinador e manifesta o "compromiso inequívoco do Concello de Vigo de continuar coa política estratéxica de acordos" de promoción turística "e que logrou que se implanten novas compañías, destinos e frecuencias, polo que ha de continuarse por ese camiño", expón.
Da Xunta de Galicia se reclama, pola súa banda, "un trato idéntico e equitativo para os tres aeroportos, con propostas de coordinación" e que mellore a conectividade da área metropolitana con Peinador. O texto tamén acorda o apoio á infraestrutura viguesa como terminal de mercadorías e "continuar potenciando o interese público do aeroporto e o seu papel primordial no desenvolvemento económico da cidade, a súa área e Galicia".