Escoitar

Todos os grupos validan o plan especial para recuperar urbanísticamente o Barrio do Cura

A unanimidade do Pleno aprobou na sesión plenaria desta mañá o PERI de o Barrio do Cura, unha peza "fundamental para a recuperación do Casco Vello". A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, foi a encargada de defender un ámbito que suporá inicio do camiño para "rehabilitación integral dunha zona estratéxica para a cidade"

luns, 2 xuñ 2014
PSOE, PP e BNG coincidiron esta mañá ao votar favorablemente o plan especial de reforma interior do Barrio do Cura, unha peza de especial para Vigo e de especial singularidade entre O Casco Vello de Vigo e os crecementos urbanos compactos propios dos años 60 e 70 cara ao oeste e que constitue unha unidade morfoloxica diferenciada, conformando hoxe en día un baleiro urbano na trama da cidade central, segundo detallou a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, durante a súa exposición ao Pleno.

Explicou as bases da proposta de ordenación do PERI, que recollen criterios de ordenación de PXOM e que se centran nas seguintes directrices: garantir a comunicación e transversalidade entre o Paseo Alfonso e as cotas mais baixas da actuación; ampliación do viario de conexión entre as ruas Pi y Margall e Torrecedeira; unha conexión directa entre o Paseo de Alfonso e Torrecedeira; configurar zonas verdes de centralidade e novas dotacións e equipamentos; disposición da edificación que prime a creación dos espacios públicos, e unha ordenación en relación coa escala do entorno existente.

Ademáis, apuntou a responsable municipal, aporta ao resto da cidade 5.000 metros cuadrados de zona verde e espacios libres. Con esta distribución do sistema de espazos libres, pretendese a articulación das parcelas edificadas, conectar ó ámbito coa trama urbana que a rodea e crear unha Rede de viario peonil.

Outro dos obxectivos, pasa por contemplar un edificio dotacional público sociocultural, manter a guardería municipal e a construcción dun ascensor que conecta coa rúa Ricardo Portela e outro coa Praza do Berbes.

O ámbito recolle a súa vez escaleiras mecánicas e outros elevadores interiores no comercial que conectan a Praza de cesión de uso con cotas mais baixas. Así, o plan asegura a accesibilidade o interior do ámbito desde distintos puntos do seu contorno. Se prevé un aparcamento no solo da parcela de espazo libre público, que albergará 300 prazas.

No que se refiere o uso residencial, destacou que se recolle a esixencia dunha reserva mínima do 29% de vivendas sometidas ao rexime de protección pública. Outro dos aspectos destacables é que se mantén a fachada neogotica do asilo para preservar o patrimonio público.

Carmela finalizou facendo referencia aos informes favorables de todas as administracións competentes e polo que "hoxe o camiño para a rehabilitación integral dunha zona estratégica da cidade".