Escoitar

O Concello paga as súas facturas nun periodo medio de 19,93 días, un "prazo mínimo histórico"

A tenente de alcalde defendeu hoxe a boa xestión económica do Concello esgrimiendo no Pleno os datos do Informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos de pago de facturas. Tal e como explicou, o Concello realizou 2.654 pagos cun periodo medio de prazo de 19,93 días, moi por debaixo dos 30 días como máximo que prevé a Lei de Morosidade.

luns, 2 xuñ 2014
Durante o primeiro trimestre de 2014, o Concello realizou 2.654 pagos por un importe total de preto de 34 mllóns de euros, cun periodo medio de pago de 19,93 euros, o que supón o prazo máis baixo desde a entrada en vigor da lei, no ano 2010, da normativa pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade. Durante unha intervención plenaria, a tenente de alcalde, Carmela Silva, indicou como referente que o periodo medio de pago de todo ao ano 2013 situose en 26,57, cando a lei determina 30 días como máximo.

Asimesmo, o periodo medio pendente de pago ao final deste trimestre -media da antigüedade das operacións pendentes de pago-situose únicamente en 10,79 días, que tamén supón un período histórico. Durante a súa intervención, tamén destacou que non existe factura algunha pendente de tramitar transcurridos tres meses desde a súa anotación no rexistro, sin se ten abonado nestre trimestre importe algún en concepto de intereses de demora.

Estes datos, dixo, son "extraordinarios" e non se basean nunha análise subxectiva, senón no análise comparativa con outras administracións. Destacou que, segundo o informe de marzo de 2014 do observatorio da morosidade da Asociación Española de Traballadores Autónomos (ATA), as administracións, no seu conxunto, tardan en pagar as facturas emitidas 111 días, un prazo moi alonxado dos 30 días que establece a Lei de Morosidade e a Directiva Europea da UE.

Silva engadiu que o periodo medio de pago da Administración Central é de 34 días, mentres que as comunidades autónomas pagan de meida en 124 días e os concellos en 98 días.