Escoitar

O Pleno apoia por unanimidade a creación dun programa para alumnos con necesidades específicas

Os tres grupos municipais apoiaron a proposta do Partido Popular e enmendada polo grupo nacionalista que pretende instar ao Goberno Municipal e á Xunta a crear un programa para a integración do alumnado con necesidades específicas. No pleno de hoxe, tamén se deu vía libre á consideración da creación dun festival internacional de teatro.

luns, 2 xuñ 2014
A Corporación municipal aprobou esta mañá, e por unanimidade, instar ao Goberno municipal e á Xunta de Galicia á creación dun programa para a integración do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Este programa, presentado polo Partido Popular e enmendado polo Bloque Nacionalista Galego, incorporaría a colocación de pictogramas para persoas con autismo que permitiría sinalizar gráficamente lugares como comercios, colexios, hospitais, centros de saúde, puntos de interese turístico, localis de hostalería, recintos deportivos, etc, ademáis de servir para a sensibilización de cara ao autismo e outras vías de comunicación aumentativa, todo elo co obxectivo de acadar unha inclusión real no eido socioeducativo.

No pleno da mañá de hoxe luns, tamén se deu carta blanca á moción presentada polo Grupo Municipal do PP para estudar a posibilidade de crear un festival internacional de teatro. O concelleiro do PP, Roberto Relova instou a unir os esforzos das diferentes administracións a prol de acadar unha gran mostra ou festival de teatro con carácter internacional. O grupo nacionalista defendeu ademáis a cooperación para a recuperación daqueles eventos que tiñan que ver co mundo do teatro na nosa cidade e o feito de instar á Xunta de Galicia a que reclame ao Goberno de España a eliminación do 21% de IVE para espectáculos culturais.