Escoitar

O goberno de Vigo aproba a achega de 40.000 euros para a celebración de O Marisquiño

Abel Caballero informou este martes da aprobación do convenio de apoio a O Marisquiño, o evento dos que se celebran cada ano en Vigo que atrae máis persoas á cidade. O alcalde valorou a aportación municipal nuns 75.000 euros en total, sumando a achega da seguridade e a cesión durante tres días do Auditorio Mar de Vigo.

martes, 3 xuñ 2014
O Marisquiño -festival consagrado xa como referente nacional e europeo dos deportes de acción e cultura urbana- chega este ano á súa decimo cuarta edición e o Concello apoia con "gran convicción" a celebración do "evento que atrae máis persoas a Vigo de todos os que se celebran ao longo do ano", explicou o alcalde. O goberno local achega 40.000 euros e aporta ademais a seguridade e a cesión de balde do Auditorio Mar de Vigo durante tres días, o que totaliza uns 75.000 euros aproximadamente.

Abel Caballero tamén deu conta da solicitude de cualificación como Iniciativa Local de Emprego da empresa "Vigo Plaza Gestur SL", un proxecto empresarial innovador na área de Vigo que consiste na implantación na cidade dun Smart Hotel, baseado na interacción tecnolóxica 2.0 para desenvolver produtos interactivos de servizos de cara ao cliente, proporcionando información on-line e capacidade de reserva de produtos turísticos e servizos orientados a facilitar a estancia na cidade.