Obradoiros de teatro no verán
A Escola Municipal de Teatro organiza no mes de xullo os obradoiros monográficos de "Creación teatral", "Interpretación ante a cámara" e "Teatro Musical" dirixidos a persoas maiores de 15 anos. O prazo de preinscrición para estes obradoiros comezará o 9 de xuño e finalizará o 24 de xuño.
As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 -interior, en horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar on-line no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo na páxina hoxe.vigo.org/emt ou na EMT. A publicación dos admitidos será o día 25 de xuño e a formalización de matrícula os días 26 e 27 de xuño. O prezo de cada curso é de de 47,60 euros.
Para máis información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org
OBRADOIRO DE CREACIÓN TEATRAL
Este obradoiro pretende ser un espazo de estudo sobre a importancia da interdisciplina para a creación teatral. O obxectivo é vincular as artes plásticas, a música, a danza e o teatro nun proceso creativo. Trátase dun curso con carácter teórico e práctico destinado a toda persoa interesada na arte escénica.
O curso consiste na creación de espectáculos de pequeno formato a partir dunha idea concreta e ata a posta en escena da mesma ao finalizar o obradoiro. Traballarase sobre unha partitura que dea lugar a un discurso claro e sinxelo na narración da historia, na creación de imaxes dramáticas e na creación dun espectáculo. O traballo afronta a complexidade e a problemática da creación teatral, na presenza do actor ou da actriz no escenario, do espazo, os obxectos, o traballo sobre o propio corpo, así como o uso das emocións, intencións, contradicións e o subtexto. O punto de partida será una serie de obras pictóricas, composicións musicais, visualizacións de espectáculos ou imaxes de danza.
Duración: 20 horas
Datas de celebración: Inicio 30 de xuño- Finalización 4 de xullo.
OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN ANTE A CÁMARA (cine e TV)
Este obradoiro é un estudo sobre a interpretación ante a cámara e todos os elementos básicos que interveñen nela. Ten un carácter teórico-práctico e está destinado a todas as persoas interesadas na arte da interpretación e a comunicación ante a cámara: actores e afeccionados deste campo.
Duración: 20 horas
Datas de celebración: Inicio 7 de xullo - Finalización 11 de xullo.
OBRADOIRO DE TEATRO MUSICAL
Este obradoiro adxudica a mesma importancia á música, á danza e á interpretación, complementando estas tres disciplinas con materias teóricas e prácticas. O Taller de Teatro musical é o punto de confluencia das devanditas doutrinas e tamén o momento onde o alumno pode traballar de forma simultánea con máis dun profesor. A educación que queremos tratar compromete e estimula unha serie de competencias que non son tratadas por outros saberes disciplinares.
A aprendizaxe das linguaxes artísticas e musicais nas súas dimensións sintáctica, semántica e pragmática contribúen a desenvolver a capacidade de abstracción, a formación dun pensamento crítico e diverxente, a apropiación de significados e valores culturais, ao igual que a elaboración e comprensión de mensaxes significativas.
Nesta liña enténdese que os contidos e didácticas das linguaxes artísticas e musicais adquiren un valor específico e constitúen un punto de partida necesario para propiciar unha base cultural común no ámbito da arte, do deseño, da música, da interpretación e da comunicación que permita aos alumnos unha participación consciente, crítica e transformadora da sociedade.
Duración: 20 horas
Datas de celebración: Inicio 14 de xullo - Finalización 18 de xullo
Descargar todas as imaxes