Escoitar

O Concello organiza Pasarela de Sol 2014 en apoio aos novos creadores e ao comercio local

Pasarela de Sol encherá de estilo e moda o centro da cidade o próximo xoves nun "novidoso" desfile ao aire libre no que novos creadores compartirán pasarela con consagradas firmas como Patricia Avendaño e Selmark. O Concello organiza este evento coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a Escola de Deseño Goymar, o Instituto Audiovisual de Vigo e o IES de Teis.

martes, 24 xuñ 2014
1403610925Rivas.JPG
O concelleiro de Comercio, Angel Rivas, presentou esta mañá de martes, Pasarela de Sol, unha "novidosa" iniciativa municipal que "xurde do diálogo, do esforzo e da creatividade" co fin de poñer en valor a dinamización do comercio e potenciar aos xóvenes emprendedores na moda, no mundo audiovisual e na estética. O xoves 26 de xuño, ás 21,30 horas, a Porta do Sol se convertirá nunha pasarela ao aire libre na que se misturarán deseños de novos creadores e outras firmas consagradas como Patricia Avendaño ou Selmark.

Rivas enfatizou a "decidida aposta" do goberno local por impulsar o comercio vigués e alcanzar retos que marquen a Vigo como cidade á vangarda, con mozos formados e emprendedores e que se lle dea un pulo ao comercio co valor engadido de ser fabricado en Vigo. O responsable fixo un chamamento a "todos os vigueses e viguesas" a participar nesta "Pasarela de Sol".
Descargar todas as imaxes