Escoitar

O goberno local reforza o transporte público e a seguridade durante a noite de San Xoán

O alcalde deu conta do dispositivo especial deseñado para a noite de San Xoán co reforzo de Policía Local, Bombeiros e transporte público. Pendentes da autorización da fogueira de San Andrés de Comesaña, xa son 16 as piras revisadas e autorizadas para prender esta noite.

luns, 23 xuñ 2014
1403524942Imagen003.jpg
O Concello de Vigo deseñou un dispostivo para a Noite de San Xoán que inclúe reforzos en Bombeiros, Policía Local e transporte público. Respecto das fogueiras, ata o momento son 16 as autorizadas: Alcabre, Castrelos, Valladares, Beade, Saiáns, Zamáns, Bouzas, Casco Vello, Coruxo, Novo Vigo (Navia), Matamá, Cabra, Aero Club de Vigo (Cabral), Val do Fragoso, Candeán e Lavadores. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, está pendente de revisar, a de San Andrés de Comesaña.

Respecto dos Bombeiros, haberá en servizo 23 efectivos, o que supón un número maior que o de calquera outra noite, un incremento que tamén se reflicte la plantilla da Policía Local que, sen contar emisora e postos fixos inclúe os seguintes axentes: 10 patrullas de rúa (de permitirlo o tempo, 6 polícias en moto), 6 patrullas de atestados, 1 patrulla de radar, 3 patrullas do rural, 3 patrullas do equipo Goa, ademais de reforzo no servizo de emisora.

Caballero lembrou o servizo especial de Vitrasa para Samil, con autobuses desde distintas zonas do centro da cidade ata Samil desde as 18,00 ata as 06,45 h e cun intervalo de 10 minutos.
Descargar todas as imaxes